25/2/10

Rexistro de chamadas ás familias


Moitas veces vémonos na necesidade de chamar por teléfono á familia dun alumno, para que veñan recollelo porque se puxo malo, para facer unha consulta sobre o seu comportamento, para citala para unha entrevista,... En moitos casos, non temos constancia de ter realizado esta chamada en ningún lado, ou non está claro por que o fixemos. Para facilitar o noso traballo, e asegurar a verificación desta chamada, colocaremos a carón do teléfono de secretaría un caderno, onde calquera persoa da comunidade educativa que avise á familia dun alumno anote as circunstancias desta chamada. Para ver o modelo, podes clicar aquí.
Probarémolo, e se dá bó resultado, integrarémolo no noso Sistema como un rexistro máis. Se tés calquera suxestión, non esquezas comentala.

1 comentario:

yo dijo...

Noraboa, vexo que seguides atentos a mellorar o centro en todo o que podedes. O sisteme que ides introducir xa está funcinando nalgu´ns centros e por experiencia dígovos que é de gran utilidade.