21/2/13

Misión, Visión e Valores do Centro.

O Documento MC Anexo F do Manual de Procedementos do Sistema de Mellora do noso centro é o que recolle a Misión (razón de ser do Centro) a Visión (como nos vemos ou como nos queremos ver) e os Valores que pretendemos practicar e nos que queremos educar aos nosos alumnos.  O documento (con máis nome de meteorito ca outra cousa) ten un gran valor xa que  marca a finalidade última á que aspiramos como educadores (mestres, familias, persoal laboral do centro...). Por iso é importante que na súa elaboración haxa unha representación o máis ampla posible da comunidade educativa.

O primeiro paso para renovar a Misión, Visión e Valores do centro está dada coa posta en marcha dun remuíño (mellor que chuvia, que xa tivemos abonda) de ideas. Aí estamos profes, nais e persoal laboral aportando as nosas ideas para a esa renovación e posta ao día que facemos cada catro anos.

Seguiremos informando das sucesivas fases.