30/10/09

Reconto

Aquí tamén hai sitio para a beleza...Algo melancólico, pero axeitado ao tempo do outono. Disfrutádeo.



PLAN DE FORMACIÓN


Ás veces parece que os mestres sabemos un pouco de todo. Non é así. Moitos de nós estudamos a carreira sen saber o que era un PC, porque non os había. Agora temos que saber encher os datos dos nosos alumnos en XADE, rexistrar alí as faltas e consignar as cualificacións ao remate de cada trimestre. Todos os anos aparece algo novo. E non sempre a Administración educativa está cerca para solucionar a papeleta. Así que o máis práctico é aproveitar o que saben uns en beneficio dos outros. Por iso deseñamos este Plan Anual de Formación. Algúns dos cursos que verás aquí consignados xa están feitos. Outros están pendentes. Seguramente non poderemos cumprilo tal como quixéramos, pero faremos todo o posible. Queres botar unha man?

Plan Anual

Xa está publicado o Plan Anual correspondente ao curso 2009/2010. Para elaboralo, tívose en conta a Revisión do sistema realizada en xullo deste ano, na que se recolleron as enquisas de grao de satisfacción, as suxestións e as non conformidades do curso. En vermello consígnanse os obxectivos que se formulan como novidade. En todos aparece reflectida a situación actual, o responsable de levalo a cabo, e a temporalización prevista. Observaredes que hai unha columna na que se explicita a orixe do obxectivo. É importante tela en conta, porque debemos xustificar a inclusión de cada un no noso Plan. Premendo na imaxe, terás acceso ao documento completo.






29/10/09

A MISIÓN


En febreiro do 2009 revisamos a nosa MISIÓN por primeira vez. É un traballo intensivo no que se recollen as ideas de todo o claustro para resumilas nunha soa frase, a que explica a finalidade do noso traballo. Esta frase, elaborada polo Grupo de Mellora, dirixe a planificación do labor dos catro anos seguintes. Se queres ver a redacción final, preme aquí.