2/12/09

A comunicación

Galinus en Mudanza from galinustv on Vimeo.



Onte recibimos a visita de Daniel Cerqueiro, que forma parte do equipo de Galinus. Presentou diversos aspectos relacionados coa web 2.0, para que nos fósemos poñendo ao día nisto das novas tecnoloxías. Penso que a súa charla resultou máis que interesante, porque aínda que valoremos as aportacións que fixo sobre recursos que nos poden ser útiles no noso traballo, a súa reflexión sobre a democratización da comunicación e a perda dos monopolio da información sitúanos definitivamente nesta nova etapa da historia na que os nosos alumnos serán os protagonistas. O video é unha mostra da súa forma de traballar; será o futuro? Visita a súa web, que mesmo "en reformas" ofrece información. Queda incluída na marxe, por suposto.

1/12/09

E despois, que facemos?


Agora xa temos toda a documentación cumprimentada. Se algún grupo supera o límite de non conformidades, na próxima reunión de ciclo acordaremos as medidas a tomar. A acta debe estar firmada por todos os asistentes, e os titores a entregarán á Xefa de Estudos para que faga o balance trimestral.
Só nos queda un traballo: imprimir os boletíns. Debemos revisar antes a lista de cualificacións de XADE por se hai que facer algunha modificación. Para imprimir os boletíns, lembrade as instruccións do modelo NM75010502).

E as titoras, que facemos?


As titoras presidides e moderades a Xunta de Avaliación. Debedes recopilar toda a inforamción facilitada polos especialistas, e reflectila na acta que atoparedes na carpeta colgante do voso grupo, no armario dos expedientes. Todos debedes ter presentes as cualificacións do grupo, e por suposto vós, como titores, tamén debes introducilas no XADE.
Durante a sesión, tomades nota das accións a adoptar cos alumnos que considerades "non conformes" (os que teñen máis de dúas áreas suspensas en primaria, ou os que non cumpren os obxectivos mínimos en infantil).
Lembrade que o noso grupo será non conforme:
- se máis do 30% do alumnado suspende máis de dúas áreas e sodes titoras do 1º ou do 2º ciclo.
- Se maís do 35% do alumnado suspende máis de dúas áreas e sodes titoras do 3º ciclo.

Eu son especialista. Que teño que facer na Xunta de Avaliación?


Antes da sesión de avaliación tedes que introducir as cualificacións na aplicación XADE. Deste xeito, todos podemos dispoñer das cualificacións do grupo ao chegar á reunión, e "aforramos" tempo. So debemos acordar as accións que imos tomar en caso de que algún alumno non supere os obxectivos marcados nos nosos criterios de avaliación. Os profesores interesados debemos tomar nota desas accións no noso caderno (lembrade as claves do NM75010501) para facer un seguimento das mesmas, e avaliar o seu resultado no seguinte trimestre. Se hai algunha particularidade que engadir e non estea reflectida nas claves da acta, anotarémola no MD75010503 (Consideracións derivadas da Xunta de Avaliación).