5/2/15

Auditoría interna 2015

Xa está, xa pasou. O  martes, día 3, celebramos a nosa auditoría interna. Desta volta, actuaron de observadoras as nosas compañeiras, Vanesa, Sara e Raquel, así como Lis, compañeira do CRA de Ponteceso que acompañou ás nosas auditoras habituais Rosa e Ana. Nesta tarefa, igual que o ano pasado, contaron coa a xuda inestimable de Rafa, da Consellería. O resto do equipo foi o xa coñecido: Aurelia, Susana, Begoña e quen escribe isto. Non afloraron grandes deficiencias no sistema, pero si atopamos pequenas cousas que agora haberá que amañar. A presentación inicial, como non podía ser doutra maneira, xirou arredor do cinema. O fío condutor foi o Maquinista da "General". Buster Keaton axudounos a observar os cambios recentes no ensino sen perder o sacrosanto sentido do humor. Aí vos queda por se queredes desfrutar dunha secuencia memorable desa xenial obra de arte.