11/11/09

Comunicación coas familias

Dentro das melloras previstas cada ano, seguro que teremos que incluir permanentemente un obxectivo relacionado coas familias. A partir dunha suxestión nacida na auditoría do curso pasado, decidimos aproveitar a comunicación do horario de atención ao público para difundir os resultados das enquisas de grao de satisfacción. Estas realízanse entre as familias do alumnado que remata ciclo. O resultado pon en evidencia as carencias máis salientables no noso centro. Se clicas na imaxe, poderás ver completa a nota que enviamos.

10/11/09

Deixa de preocuparte


Na vida diaria suceden diversas situacións que ocupan a nosa cabeza e o noso tempo. Moitas delas xogan na nosa contra, porque lastran a nosa actividade, e o que é pior, o noso ánimo. No "País Semanal" do pasado domingo, 8 de novembro, publicouse un artigo moi interesante, que pode facernos reflexionar, e tamén servirnos de axuda. Engádense no artigo unha breve bibliografía, para quen queira "profundar" no tema, e algúns consellos breves e prácticos.