7/10/22

Plan de Formación para o curso 22-23

 Facendo clic na imaxe podes ver o Plan de Formación para este curso.



4/9/22

Comeza o curso 22-23

 Xa está aquí o novo curso con algunhas novidades. Por fin parece que comezaremos sen protocolo covid (fóra máscaras, grupos burbulla, distancias...). Tamén entra en funcionamento a nova lei, que se implantará de xeito gradual e afectará neste ano académico aos cursos impares. O resto das novidades están nas fotos: as compañeiras e compañeiro que se estrean no cole e aos que desexamos unha feliz incorporación. Tende paciencia con nós que somos boa xente!





5/7/22

As gráficas do curso 21-22

 Aquí deixamos un resumo das enquisas sobre o grao de satisfacción da comunidade educativa en forma de gráficas.

Para velas todas fai clic aquí


24/3/22

Auditoría externa 2022

 O pasado luns, 14 de marzo, realizamos a auditoría anual de Aenor contando coa presenza de Alejandro Bouza, como Auditor Xefe e Magdalena Duarte, a nosa inspectora de Educación.

Os resultados da auditoría foron todos favorables agás os relativos a instalacións e mantemento que orixinaron unha Non Conformidade, á que deberá dar solución o Concello de Muxía.



3/2/22

Auditoría Interna

 Este curso a Auditoría Interna será, ao igual que no pasado ano, máis interna ca nunca, xa que non poderemos contar con persoal (docente ou técnico da Consellería) alleo ao Centro. Exercerá como Auditora a compañeira Susana Seoane (á cal lle agradecemos a súa impagable colaboración) e adaptaremos calendario e horario para que repercuta o menos posible no día a día do cole.