5/9/23

Comezo do curso 23-24

 Damos comezo a un novo curso e, coma sempre, levamos a cabo o protocolo de acollida aos novos compañeiros e compañeiras cun paseo polo cole, ao tempo que os poñemos ao día da organización e funcionamento do centro.




29/3/23

Auditoría externa: 21 e 22 de marzo de 2023

Pasamos a auditoría sen grandes dificultades. Aí están as xefas moi concentradas. Este ano contamos coa presenza da nosa Inspectora e volvemos saudar a Noelia (a auditora) que xa había uns anos que non viamos.



26/1/23

Comezo da Auditoría Interna do curso 22-23

 Deu comezo a auditoría interna o día 26 de xaneiro, empregando o mesmo sistema que o curso anterior e actuando Susana Seoane como auditora. Ao longo dunha semana faremos unha revisión completa do sistema de xestión da calidade.