26/2/10

Resumo do informe


Despois de pechada a non conformidade resultante da auditoría de onte, resumimos as observacións feitas, que axudarán a que o noso Sistema sexa máis efectivo:
- Debemos rematar de adaptarnos á norma UNE-EN ISO 9001:2008, xa que están pendentes os procedementos dos puntos 7 e 8.
- Faranse correccións sinxelas, debidas a erros de interpretación ou a simples despistes, mellorando a efectividade dalgúns controladores (como no caso do control das accións correctivas).
- Procurarase manter un rexistro das reunións do departamento de Orientación no centro.


A Auditora detectou as seguintes oportunidades de mellora:
- Optimización dos cadernos do profesor, e desenvolvemento do caderno electrónico.
- Reducir a burocracia do sistema, así como optimizar a documentación.
Estes aspectos deberán ser tratado desde o Equipo de Dinamización da Calidade, constituído en Grupo de Mellora.

A Auditora Xefe sinalou como puntos fortes da nosa organización os seguintes:
- Colaboración do persoal auditado.
- Implicación do Equipo Directivo no sistema de xestión do centro.
- O blog "O Remuíño".
Sentímonos moi orgullosos destes comentarios, especialmente do primeiro punto, polo que supón de implicación do profesorado no desenvolvemento do traballo. Agradecemos tamén a Noelia, o seu bo carácter e a súa actitude de colaboración e comprensión, que sen dúbida foron de gran axuda para todos.

1 comentario:

sillobre dijo...

Ás veces non nos damos conta de que pasamos moito tempo traballando e ó final só podemos ver un resultado que non reflicte todo o esforzo persoal, adicación, planificación, utilización de recursos e medios que empregamos para desenvolvelo.
Remata cada trimestre e, onde ven as familias e o alumnado os resultados? No boletín das notas, que incluso parece máis o froito do traballo dos rapaces que o dos mestres, cando en realidade non é posible chegar a el sen o noso labor.
Sin embargo, que satisfacción se sinte cando se pode demostrar que, hora tras hora, estivemos profundizando no noso traballo: planificando, coordinando, buscando información, aplicando métodos, facendo actividades, e incluso equivocándonos e buscando a mellora.
Cando tes a oportunidade de mostrar o teu traballo é cando te das conta realmente de todo o que fixeches para cumprir os teus obxectivos. E iso produce unha gran satisfacción persoal.
A miña noraboa ós compañeiros que, na auditoría do día 25, con actitude positiva e sinceridade axudaron a dignificar a nosa profesión que cada día está máis acusada de vagancia e deixadez. Fago extensiva esta felicitación ós demais mestres do claustro, sei que todos vós traballades día a día para que a nosa profesión se faga respectar.
Parabéns para a responsable de calidade, que coa creación do Remuíño difunde e informa en cada momento de todo o que precisamos para a boa marcha do curso.