23/9/10

Avaliación Inicial


Lamentablemente este inicio de curso vai ralentizado por circunstancias alleas ao noso traballo. Sen embargo, como mestres, estamos no período de ir facendo unha valoración das capacidades do noso alumnado. Para os titores, este labor é especialmente importante, sobre todo se é a primeira toma de contacto co alumnado. Na aplicación XADE contamos coa posibilidade de introducir datos para realizar esta avaliación inicial.
Se eres titor, e tomas contacto por primeira vez co teu grupo, preme aquí para seguir as instruccións. Recóllense datos sobre o desenvolvemento das competencias básicas, informes previos, medio sociofamiliar, e outras observacións que estimes oportunas. Será moi útil que utilices a información das carpetas colgantes do arquivo de secretaría (lembrando sempre que teñen carácter CONFIDENCIAL).
Non esquezas que estes datos aparecerán automáticamente reflectidos no informe final que se obtén a finais de curso.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Son unha mestra e vou facer un enlace da vosa entrada ao meu blog.
Noraboa polo voso traballo.Estou intentando comenzar un blog de aula.