Nos pasados meses renovamos a Misión, Visión e Valores do centro. Tátase dun documento que ás veces pasa desapercibido pero no que expresamos o que para nós, como comunidade educativa, representa o CEIP
dos Muíños. Todos os obxectivos que se propoñan van ter relación con
esta Misión, polo que funciona como un punto de partida para enfocar o
noso traballo e o estilo do centro.
Para elaborar este documento, normalmente constituímos un grupo de traballo reducido (5 ou 6 persoas) que a elaboran nunha xornada a partires das aportacións de ideas do Claustro e o Consello
Escolar. Na presente elaboración da Misión tivemos que adaptarnos ao protocolo Covid e traballar online xa que non era aconsellable facelo de xeito presencial. Para levalo a cabo elaboramos un cuestionario de partida que nos permitiu contar coas ideas de toda a comunidade educativa.
Facendo clic neste enlace pódense ver os resultados finais. A nova redacción da Misión quedou así:
A finalidade do CEIP Os Muíños é fomentar a creatividade e o espíritu crítico no alumnado, para acadar o éxito escolar a través dun enfoque innovador, colaborativo, compensador de desigualdades e inclusivo, que favoreza un clima saudable e seguro e o compromiso de toda a comunidade educativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario