19/4/10

Atención á diversidade


Unha nova xornada de formación desenvolveuse ao fío do PFAC adicado á elaboración do noso proxecto educativo. A relatora foi Luz Lorenzo, orientadora que desempeña o seu labor no C.E.P. "Riomaior", en Pontevedra. Na reunión co grupo de traballo que desenvolve o Proxecto de Formación e Asesoramento en Centro, Luz adicouse a sensibilizar ao profesorado sobre a realidade do alumnado que precisa apoio e atención específica, destacando a relevancia da escola como lugar de inclusión e integración. Proporcionou información e documentación extensa, e facilitou a reflexión sobre a atención á diversidade no C.E.I.P. "Os Muíños", servíndose da lectura de artigos de especialistas como Ramón Flecha, ou Santos Guerra, e apoiándose en significativos videos como "Por cuatro esquinitas de nada", moi recomendable para entender a filosofía do seu traballo.


1 comentario:

sillobre dijo...

Compartir, colaborar, traballar en equipo...son ideas que cada vez aparecen con máis frecuencia en calquera aspecto que tratemos con respecto ó noso labor como docentes. Deu gusto escoitar a Mª Luz que, coas súas experiencias persoais, fíxonos ver o moito que levamos traballado pola inclusión, a integración e o apoio ao alumnado que o precisa.
Grazas a todos e ánimo que imos por bo camiño.