7/7/25

GRAO DE SATISFACCIÓN DAS FAMILIAS

 As familias son unha peza fundamental na comunidade educativa. Non esquecemos preguntarlles pola súa satisfacción coas instalacións, cos servizos que prestamos e coa atención recibida. A pedra de toque será a valoración da formación recibida polos seus fillos e as súas fillas. Eis os resultados deste curso 24/25.



3/7/25

ENQUISAS DE GRAO DE SATISFACCIÓN

Rematado o período de avaliación, xa dispoñemos das comparativas no grao de satisfacción. Podedes ver os resultados no seguinte video. Se queredes observalo con detenemento non tedes mais que pausar o video na imaxe.


3/3/25

AUDITORÍA INTERNA

 Desde o mes de xaneiro e durante todo febreiro estamos realizando a auditoría interna correspondente a este curso 24/25. Aínda que con certas dificultades para encaixar no horario, a auditoría estase a desenvolver con normalidade e bo humor. Agardamos que, como en cursos anteriores, sirva para mellorar o noso traballo diario e o resultado do noso esforzo.