2/9/13

Benvida



A nosa benvida consiste en facer que todos nos sintamos agusto. Nesta foto aínda non estamos todos os que somos. Agardamos que o profesorado que se acaba de incorporar ao centro se atopase ben acollido e cómodo. Son moitas as novidades que hai que asimilar en poucos dias, pero o mes de setembro da para moito. 
Hoxe estivemos coñecendo o centro e intentado recoller toda a información posible sobre como organizarnos durante a semana.  Para que lembres o que xa levamos feito, aquí tés unha mostra:

28/6/13

Estatísticas sobre grao de satisfacción.

No último trimestre do curso recollemos a opinión da comunidade educativa pasando unhas enquisas ás familias dos alumnos que rematan etapa educativa (6º de infantil e 6º de primaria) e ciclo (2º e 4º de primaria), así como dos propios alumnos que rematan 2º e 3º ciclo. Tamén recabamos a opinión do persoal docente e non docente do Cole, para coñecer o seu grao de satisfacción con diferentes cuestións relacionadas co seu traballo. Nas enquisas que se pasan pregúntase por cuestións que teñen que ver coa relación entre os membros da comunidade educativa, co modelo educativo do centro, cos seus recursos, coas demandas de mellora...



Para nós é moi importante a colaboración de toda a comunidade educativa nestas enquisas (anónimas en todos os casos), xa que non hai posibilidade de mellora se non se coñecen os aspectos que hai que mellorar.

Pódense consultar estes datos estatísticos  nos enlaces que se engaden ao final, así como no taboleiro de Calidade que hai no recibidor do Cole.

Engadimos unha característica de calidade (superar o 60% de grao de satisfacción) que se ve cumprido en cáseque todos os casos.

Enquisas sobre grao de satisfacción alumnado e familias (pdf)

Enquisas sobre grao de satisfacción persoal docente e non docente (pdf)



13/5/13

Misión, visión e valores 2013-2017 (2ª fase)

Logo do rebumbio de ideas que fixeramos alá por febreiro no que participamos todas e todos, e no que tamén había representación das familias, levamos a cabo (o responsable de calidade e máis a directora) unha clasificación coas aportacións de todos no que se dá en chamar ideas-forza.



A semana pasada, ese grupiño de voluntarias das fotos sacamos adiante o que nos parecía "misión imposible".










Logo de grandes discusións e esforzo parimos un borrador que presentaremos en breve ao resto da comunidade  educativa.



  É certo que os pinchos d'O Pinar axudaron.

4/4/13

Admisión de alumnado para o curso 2013-2014

Pois si: xa estamos preparando o curso que ven. Feitas as reservas de praza, no C.E.I.P. "Os Muíños" temos estas vacantes para o 2013-2014:
CURSO
RESERVAS
VACANTES
4º INF.

20
5º INF.
10
10
6º INF.
8
12
1º PRI.
6
19
2º PRI.
7
18
3º PRI. A e B
14+15=29
21
4º PRI. A e B
31
19
5º PRI.
24
1
6º PRI.
20
5

Mañán, día 5 de abril comeza o proceso de admisión. Isto quere dicir que todo o alumnado que queira comezar a estudar no C.E.I.P. "Os Muíños" debe solicitar praza no noso centro. Dispón ata o 17 de abril para presentar esta solicitude
Este ano, as condicións da admisión vironse modificadas, e foron engadidas novas cláusulas que deberán ser consultadas polas familias, referidas á baremación e documentación a presentar. 
Tamén hai modificacións no calendario: neste curso, o prazo de admisión vai do día 5 ao 17 de abril.
Despois de rematado o proceso de admisión, informaremos ás familias de nova incorporación da documentación necesaria para matricular ao novo alumnado. Agardaremos a que chegue o mes de xuño. 
Para consultar obter información completa sobre o proceso, premer aquí.

7/3/13

2ª avaliación en marcha

Entre os días 11 e 19 de marzo serán as xuntanzas da 2ª avaliación. Non hai que esquecer preparar as sesións engadindo os datos 48 horas antes das mesmas no XADE. Pódese consultar o calendario facendo clic  aquí
Outra documentación precisa:


4/3/13

Auditoría externa 2013.









Xa estivo por aquí Noelia, a auditora de AENOR. Agás un par de cousiñas que hai que retocar na organización da documentación (todas culpa do novo irresponsable de calidade) non atopou deficiencias no noso sistema que cualificou de apto e que evoluciona ben. Aí quedan as fotos da xornada.

24/2/13

Auditoría externa de seguimento.

Mañá martes, recibiremos á auditora de AENOR que levará a cabo a auditoría de seguimento para manter a nosa certificación. É un bo momento para consultar dúbidas e lembrar que a palabra auditoría está cargada dun matiz pouco atractivo innecesario, xa que o peor que pode pasar é que atopemos erros. Todos sabemos que os erros serven para mellorar e o problema non é atopalos, senón ignoralos ou agochalos debaixo da alfombra. Lembrade a rima: auditoría - alegría... Sorte e ante todo... moita calma. Seguiremos informando.