
Sempre que utilizamos un modelo por primeira vez temos dúbidas sobre como enchelo. Agardamos que con estas aclaracións poidades entregar as actas de avaliación NI-QUE-LA-DAS. Podedes consultar as veces que precisedes. Non esquezades nunca o enderezo do blog. Os documentos siguen aquí.
Como vedes, na columna da esquerda da primeira páxina pide que escribades o número de alumnos que están por enriba do límite de faltas de asistencia. En primaria, a porcentaxe de faltas de asistencia sobre o número total de sesións é do 15%. Se tedes algún alumno nese caso, debedes contabilizalo na cuadrícula "Nº". Canto supón ese número de alumnos (non conformes en asistencia), con respecto ao total? Debedes consignalo na cuadrícula "%". Agora poderemos saber se o noso curso é conforme ou 
Imos agora coa columna da dereita. Aquí consignamos o número de alumnos que suspenden máis de dúas áreas. Calculamos a porcentaxe sobre o número total de alumnos do noso grupo, e o anotamos na cuadrícula "%". Se esa porcentaxe supera o límite que temos fixad
o no documento que vimos anteriormente, a Xefa de Estudos consignará a non conformidade do grupo. Neste caso, na seguinte reunión de ciclo, debedes acordar medidas a tomar co grupo, xa que un elevado número de suspensos nunha aula debe dar lugar a accións claras e concretas a tomar entre todo o profesorado.

Fixémonos agora no recadro superior. Aquí debemos consignar as áreas que non completaron a programación que tiñan prevista. Un grupo será non conforme se máis de dúas áreas non cumpriron o previsto. Será preciso averiguar as causas e acordar algún tipo de medida para mellorar a situación.
Lembrade que, en todo caso, será necesario que a Xefa de Estudos saiba se o voso grupo é conforme ou non con respecto á programación impartida, á porcentaxe de alumnos que superan o límite de faltas, e á porcentaxe que superan o límite de suspensos. Desta forma, poderemos facer un balance educativo útil que nos sirva para superar as dificultades deste trimestre, propoñer melloras, ou buscar a solución a determinados problemas.