Mostrando entradas con la etiqueta calidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta calidade. Mostrar todas las entradas

14/3/14

Auditoría externa 2014

Os días 10 e 11 deste mes tivemos a auditoría externa anual que este ano foi de renovación. Parece que todo foi bastante ben: algunhas observacións que nos fai a auditora teñen que ver coa xestión da documentación, coas compras, con algún pequeno esquecemento... nada grave, en calquera caso. Só se rexistrou unha non coformidade e esta foi allea ás nosas competencias, porque ten que ver co mantemento e nós pouco máis podemos facer que demandar que nolo fagan periodicamente e insistir se non nolo fan.

Grazas a todas e a todos vós pola vosa colaboración e polo bos resultados acadados que nos permiten renovar e manter a certificación de AENOR nos termos que se indican no informe da auditora: "o sistema de xestión de calidade  percíbese como un sistema apto e que evoluciona de forma axeitada, existindo unha sistemática solidamente implantada e asumida polo persoal do centro".

10/12/09

III Encontros de centros educativos con Plans de Autoavaliación e Mellora da calidade

Grazas á colaboración do CEIP Nosa Señora dos Remedios dispoñemos de fotografías dos Encontros:



Os pasados 3 e 4 de decembro celebráronse en Sanxenxo os III encontros dos centros con Plans de Autoavaliación e Mellora da Calidade na Educación. A idea fundamental que extraemos é que cada centro educativo debe funcionar como unha organización na que todos aúnen esforzos na consecución dun fin. Expoñemos os puntos que artellarían este obxectivo:

- Organizar / Aprender: Debemos aprender xuntos.O profesorado que se atopa no centro debe aportar as súas experiencias ao persoal de nova incorporación, ao tempo que aproveita e recoñece o labor dos que estiveron antes.

- O sistema de autoavaliación debe ser razonable e asequible:
A avaliación terá un triple enfoque: externo (como sistema de control), interno (manifestando unha actitude favorable ao cambio), e mixto.

- Peculariedades: O sistema educativo engloba á comunidade educativa (familias, alumnado, profesorado), ofrece un servizo (prestado polo profesorado), que o alumno recibe, sendo ademais o protagonista do sistema.

- O sistema refírese a valores, e non a normas :Respecta a liberdade dos alumnos , e fai atractivos os valores, non os impón (impoñer é o contrario de educar).

Aclaramos estes Encontros non se adicaban a centros que estivesen certificados, nin que se xestionasen seguindo a norma ISO. Simplesmente, serviu como punto de partida para sementar en todos eles o afán de mellora continua.