
Na vida diaria suceden diversas situacións que ocupan a nosa cabeza e o noso tempo. Moitas delas xogan na nosa contra, porque lastran a nosa actividade, e o que é pior, o noso ánimo. No
"País Semanal" do pasado domingo, 8 de novembro, publicouse un artigo moi interesante, que pode facernos reflexionar, e tamén servirnos de axuda. Engádense no artigo unha breve bibliografía, para quen queira "profundar" no tema, e algúns consellos breves e prácticos.