Entre os días 11 e 19 de marzo serán as xuntanzas da 2ª avaliación. Non hai que esquecer preparar as sesións engadindo os datos 48 horas antes das mesmas no XADE. Pódese consultar o calendario facendo clic aquí
Outra documentación precisa:
Xa estivo por aquí Noelia, a auditora de AENOR. Agás un par de cousiñas que hai que retocar na organización da documentación (todas culpa do novo irresponsable de calidade) non atopou deficiencias no noso sistema que cualificou de apto e que evoluciona ben. Aí quedan as fotos da xornada.
Facendo clic na imaxe poderás baixar máis comodamente a documentación que precises
Política da calidade
Pasou o día, pasou a auditoría.
"Se eu teño unha mazá e ti outra, e as intercambiamos, os dous teremos unha mazá. Se eu teño unha idea e ti outra, e as intercambiamos, os dous teremos dúas ideas"