A nosa benvida consiste en facer que todos nos sintamos agusto. Nesta foto aínda non estamos todos os que somos. Agardamos que o profesorado que se acaba de incorporar ao centro se atopase ben acollido e cómodo. Son moitas as novidades que hai que asimilar en poucos dias, pero o mes de setembro da para moito. Hoxe estivemos coñecendo o centro e intentado recoller toda a información posible sobre como organizarnos durante a semana. Para que lembres o que xa levamos feito, aquí tés unha mostra:
Facendo clic na imaxe poderás baixar máis comodamente a documentación que precises
Política da calidade
Pasou o día, pasou a auditoría.
"Se eu teño unha mazá e ti outra, e as intercambiamos, os dous teremos unha mazá. Se eu teño unha idea e ti outra, e as intercambiamos, os dous teremos dúas ideas"