Mostrando entradas con la etiqueta admisión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta admisión. Mostrar todas las entradas

4/4/13

Admisión de alumnado para o curso 2013-2014

Pois si: xa estamos preparando o curso que ven. Feitas as reservas de praza, no C.E.I.P. "Os Muíños" temos estas vacantes para o 2013-2014:
CURSO
RESERVAS
VACANTES
4º INF.

20
5º INF.
10
10
6º INF.
8
12
1º PRI.
6
19
2º PRI.
7
18
3º PRI. A e B
14+15=29
21
4º PRI. A e B
31
19
5º PRI.
24
1
6º PRI.
20
5

Mañán, día 5 de abril comeza o proceso de admisión. Isto quere dicir que todo o alumnado que queira comezar a estudar no C.E.I.P. "Os Muíños" debe solicitar praza no noso centro. Dispón ata o 17 de abril para presentar esta solicitude. 
Este ano, as condicións da admisión vironse modificadas, e foron engadidas novas cláusulas que deberán ser consultadas polas familias, referidas á baremación e documentación a presentar. 
Tamén hai modificacións no calendario: neste curso, o prazo de admisión vai do día 5 ao 17 de abril.
Despois de rematado o proceso de admisión, informaremos ás familias de nova incorporación da documentación necesaria para matricular ao novo alumnado. Agardaremos a que chegue o mes de xuño. 
Para consultar obter información completa sobre o proceso, premer aquí.

1/3/10

Oferta educativa


O C.E.I.P. "Os Muiños" ven de publicar a súa oferta educativa para o curso 2010-2011. Feitas xa as reservas de praza, publícanse as prazas non cubertas para o vindeiro curso. O prazo para solicitar a admisión ábrese a partir de agora e ata o día 31 deste mes de marzo. Unha vez tramitada a admisión, a matrícula farase efectiva entre os días 20 e 30 do mes de xuño. Podes consultar todos os prazos neste documento. Se queres baixar o documento para Solicitude de Admisión, clica aquí.