23/1/14

Auditoría interna 2014

Como todos os anos por estas datas, realizamos a nosa Auditoría interna. Desta volta participan como observadores Carolina (orientadora), Mª José (Infantil) e Roberto (Educación Física). As compañeiras co CRA Nosa Sra. do Faro de Ponteceso, Ana Montáns e Rosa Barreiro, farán a función de auditoras externas, xunto co representante da Consellería Rafael Villaverde Aboal. Ademais contamos co compromiso de asistencia do Inspector Jesús Risueño López e do Xefe da Inspección Fermín Álvarez Lata. Será un día ben longo pero esperamos que proveitoso, xa que a auditoría interna prepara o camiño para a externa que terá lugar a primeiros de marzo.

17/1/14

Consecuencia dos temporais ou da mala calidade dos materiais?


Alguén comentou con retranca ao pasar polas escaleiras do 2º andar da amplación:

- Ah, xa vexo que estades a celebrar a semana da prensa na escola. 

O certo é que á prensa xa lle mandamos unha reportaxe das últimas desfeitas nos edificios do centro. Si, vale, os temporais foron ben fortes, pero xa antes deles tivemos que adicar gran parte do noso tempo a reclamar desperfectos por causa duns materiais de moi baixa calidade na remodelación do colexio.

Nós preferimos empregar o noso tempo en educar, e a prensa como recurso educativo, pero ás veces a súa función remata sendo a de secar o chan empapado polas goteiras. Un chan polo que a diario teñen que pasar ducias de alumnos do CEIP dos Muíños.

10/11/13

Simulacro de evacuación

O pasado día 29 de outubro fixemos o primeiro simulacro de evacuación. Como todos estabamos tan ocupados en que saise ben, ninguén se lembrou de tirar algunha foto, polo que deixamos este debuxo. Se fas clic sobre el, podes ver o informe do simulacro. Tamén podes consultalo no site da calidade (clic aquí)


25/10/13

Documentos organizativos do centro

Xa están accesibles os Documentos organizativos do centro: os obxectivos do Plan Anual 13-14, a Programación Xeral Anual (PXA) e o Plan Estratéxico 2012-2016.
Para consultalos ou imprimilos, non hai máis que facer clic na na imaxe.

14/10/13

Xornada de xadrez nos Muíños.


Dúas das primeiras figuras do Torneo Internacional de Xadrez entre Faros que está a ter lugar na nosa bisbarra,tiveron a xentileza de pasar unha mañá connosco para que os cativos tivesen ocasión de coñecelos e coñecer o seu deporte.

Fixéronlles unha chea de preguntas e mesmo xogaron unha partida a cegas cun deles, o xove campión Iván Cheparinov, que non tivo fácil a victoria.


Ao final, fixéronnos entrega dun libro e un taboleiro asinado polos campións.

17/9/13

Xa estamos en plena faena




Comezamos! Xa parece que o verán foi hai unha chea de tempo e aí estamos, organizando horarios, equipos, ciclos...

Por fin, quedaron configurados eses horarios que nos han acompañar o resto do curso. Se non escolleches ben, agora xa non ten remedio...

Un grupo de intrépidos romeiros e romeiras achegouse ao santuario da Barca (non pasaron do Coral) a perdirlle á Patroa que lle confira sentidiño á Patronal (LOMCE).
Hai máis xente que a Patronal precisada de sentidiño, pero iso xa é outra historia...


Pódese aprezar o comodísimo "modelito" de romeira escollido por algunha das participantes na andaina.








A mala noticia foi que o Olimpo Celta comezaba a arder... e xa sabemos como rematou a historia. A ver se desta nos decidimos a convertelo en parque natural para protexelo como precisa.

2/9/13

Benvida



A nosa benvida consiste en facer que todos nos sintamos agusto. Nesta foto aínda non estamos todos os que somos. Agardamos que o profesorado que se acaba de incorporar ao centro se atopase ben acollido e cómodo. Son moitas as novidades que hai que asimilar en poucos dias, pero o mes de setembro da para moito. 
Hoxe estivemos coñecendo o centro e intentado recoller toda a información posible sobre como organizarnos durante a semana.  Para que lembres o que xa levamos feito, aquí tés unha mostra: