
Por cada persona que perdemos,
ganamos un ángel en el cielo.
Por cada lágrima que derramamos,
recordamos a quien ya no está.
Ro
(Dedicado a la memoria de Mª José,
que se fue siendo maestra).
O BLOG DA CALIDADE DO C.E.I.P. "OS MUÍÑOS"

A maior parte do profesorado e o alumnado do centro son usuarios de comedor. Co fin de mellorar o servizo deseñouse un plan para que o alumnado de 5º e 6º, que actúan como "camareros" aprendesen a servir e atender as mesas como auténticos profesionais. Por isto, durante un mes, recibiron a formación axeitada por parte de Sandra, a cociñeira. Os resultados son, cremos, visibles. O alumnado axuda aos seus compañeiros menores mentres comen, a comida é servida con maior eficacia, a distribución das mesas facilita o traballo....
Sandra valora cun 7 ao 34% dos aprendices. Só un 2% está valorado por embaixo do 5. Dez dos corenta e sete alumnos valorados obteñen un 9, e sete obteñen un 8. Só un alumno obtén unha cualificación de 10, e queremos reflectir aquí o anotado pola reponsable sobre este alumno, porque nos parece de especial valor: 
non con respecto ás faltas. Onde está iso recollido? No documento escondido aquí. Por exemplo, se eu son a titora de 3º, e o 30% do meu alumnado supera o límite de faltas, o meu grupo será non conforme. Deberemos analizar a situación, e tomar medidas. Afortunadamente, é moi raro que isto suceda.
o no documento que vimos anteriormente, a Xefa de Estudos consignará a non conformidade do grupo. Neste caso, na seguinte reunión de ciclo, debedes acordar medidas a tomar co grupo, xa que un elevado número de suspensos nunha aula debe dar lugar a accións claras e concretas a tomar entre todo o profesorado.Galinus en Mudanza from galinustv on Vimeo.






Dentro das melloras previstas cada ano, seguro que teremos que incluir permanentemente un obxectivo relacionado coas familias. A partir dunha suxestión nacida na auditoría do curso pasado, decidimos aproveitar a comunicación do horario de atención ao público para difundir os resultados das enquisas de grao de satisfacción. Estas realízanse entre as familias do alumnado que remata ciclo. O resultado pon en evidencia as carencias máis salientables no noso centro. Se clicas na imaxe, poderás ver completa a nota que enviamos.

Neste gráfico aparece reflectido o resultado do traballo de homoxeneización dentro dos ciclos. Para chegar a isto, cada responsable de área, por ciclos, tivo que fixar uns criterios de avaliación e, logo do acordado nas reunións de ciclo, comunicalo á Xefatura de Estudos. Como se aprecia na gráfica, todos os ciclos, agás o primeiro, cumpren co criterio de calidade (60% das áreas teñen comunicado o seu criterio). É evidente que as dificultades xurdidas a principios do presente curso teñen unha incidencia notable no traballo do primeiro ciclo. Esta circunstancia debe ser coñecida pola Administración Educativa. Tamén se aprecia a importancia da implantación do novo currículo en Infantil.
cabo, e a temporalización prevista. Observaredes que hai unha columna na que se explicita a orixe do obxectivo. É importante tela en conta, porque debemos xustificar a inclusión de cada un no noso Plan. Premendo na imaxe, terás acceso ao documento completo.