25/11/09

Abreviando, que é xerundio!

Pois si. Xa tivemos unha reunión. Non sei cantas nos esperan. Pero serán ben acollidas se son para "alixeirar". É unha boa cousa aforrar papel. E como sempre digo eu: "lo bué si bre, dos veces bué". Como sempre fun inimiga do papeleo... agora estou empezando a aproveitar isto das "tenologhias" e a ver que sae de aquí. Os meus parabéns ós inventores destes trebellos.

24/11/09

Preparámonos para a Primeira Avaliación


Parece mentira, pero xa estamos rematando o 1º trimestre. Agora debemos recopilar os datos que estivemos recollendo durante estes meses, e volcalos nun dos nosos traballos fundamentais: a avaliación. Supón facer unha reflexión moi pausada, pero se temos o apoio documental do noso caderno, veremos como todo resulta máis doado. Agora debes estar pendente das datas para non retrasar o traballo (para ver o calendario, preme na táboa da esquerda).Se tedes dúbidas sobre como introducir as notas en XADE, anotádevos no calendario de formación que está, como sempre, na sala de mestres.

O Grupo de Mellora



O xoves, día 13 comezaron as reunións do Grupo de Mellora. Romu, Isabel, Aurelia, Rocío Vázquez e Susana adicaranse a revisar e simplificar a documentación do noso Sistema, a apoiar aos compañeiros coa formación que precisen, e a preparar o necesario para que as auditorías interna e externa cumpran co seu cometido. Ah! E ademáis, son os encargados de actualizar este blog. Nada... un pouquiño traballo para pasar o tempo...
Nesta primeira reunión trazáronse liñas de traballo para o curso. A fundamental, sen dúbida, será a de simplificar a documentación, para facer o noso Sistema máis áxil e efectivo.

20/11/09

O rincón do haiku muxián


Non sempre tarda o mesmo en amencer,

pero ao fin, amence.


Ro

17/11/09

O rincón do haiku muxián


La más cercana

de todas las fronteras

es con mi prójimo.



(Mario Benedetti)









11/11/09

Comunicación coas familias

Dentro das melloras previstas cada ano, seguro que teremos que incluir permanentemente un obxectivo relacionado coas familias. A partir dunha suxestión nacida na auditoría do curso pasado, decidimos aproveitar a comunicación do horario de atención ao público para difundir os resultados das enquisas de grao de satisfacción. Estas realízanse entre as familias do alumnado que remata ciclo. O resultado pon en evidencia as carencias máis salientables no noso centro. Se clicas na imaxe, poderás ver completa a nota que enviamos.

10/11/09

Deixa de preocuparte


Na vida diaria suceden diversas situacións que ocupan a nosa cabeza e o noso tempo. Moitas delas xogan na nosa contra, porque lastran a nosa actividade, e o que é pior, o noso ánimo. No "País Semanal" do pasado domingo, 8 de novembro, publicouse un artigo moi interesante, que pode facernos reflexionar, e tamén servirnos de axuda. Engádense no artigo unha breve bibliografía, para quen queira "profundar" no tema, e algúns consellos breves e prácticos.