6/9/24

TRANSICIÓN

 







Comeza a transición entre un "Responsable de calidade" e unha "Responsable de calidade", revisando procesos e documentación. Grazas a Paco que seleccionou, ordenou e deu brillo ao noso sistema para facilitar e mellorar o traballo. Sempre en débeda contigo. 



Comezo do curso 24-25

 Xa está incorporado ao centro o novo profesorado para este curso. Aí están algunha das profes novas na visita de acollida e na formación inicial.











3/9/24

ACOLLIDA AO PERSOAL DE NOVA INCORPORACIÓN

 Co inicio do novo curso convidamos ao profesorado de nova incorporación a percorrer as instalacións da escola para favorecer a adaptación aos distintos espazos, explicando os seus usos e normas. Para rematar a visita, disfrutamos da primeira merenda xuntos. 



8/2/24

Auditoría interna

 Estamos a levar a cabo, entre o final do mes de xaneiro e o presente mes de febreiro, a auditoría interna. Susana, a nosa auditora-xefa, está a dirixir o traballo para, entre todas e todos, revisar os procedementos de cara a auditoría externa de Aenor, que agardamos que sexa no mes de marzo.