8/7/20

O curso 19-20 en gráficas

Clic aquí para ver as gráficas das enquisas deste curso.


23/1/20

Auditoría interna 2020

Xa temos data para a auditoría interna deste curso 19-20. Será o vindeiro martes, 28 de xaneiro de 2020. Como é habitual exercerán o papel de auditores compañeiros da Consellería e do CRA de Ponteceso. Tamén contaremos coa presenza da nosa nova inspectora. O plan de traballo para ese día xa está en marcha e a tarta de mazá, encargada.


3/9/19

Comeza o curso 2019-2020

Comezamos un novo curso cos habituais síntomas de preguiza inicial e o típico: «parece que foi onte cando nos despediamos desexándonos un bo verán e xa estamos de volta...». Veña, ánimo, que xa está aí o Nadal!!!


Aí van as fotos da acollida e do primeiro claustro. Aquí trabállase moito!!!





28/3/19

Auditoría externa.

Logo de diversos cambios de calendario, a auditoría externa quedou adiada ao 30 de abril.

Auditoría interna

Pasamos a auditoría interna do curso 1819. Acompañáronnos dous membros da Consellería e as habituais compañeiras do CRA de Ponteceso. Todo foi ben pero, como sempre, o mellor foi a tarta de mazá.