15/2/21

Auditoría interna 2021

 Entre a derradeira semana de xaneiro e primeira de febreiro viñemos desenvolvendo a auditoría interna deste ano. Para a daptarnos aos requisitos que nos impón o Protocolo Covid, non recibimos persoal alleo ao centro e actuou como auditora acreditada a nosa compañeira Susana Seoane, quen xa fora responsable de calidade hai anos, cando se puxo en marcha este sistema no noso centro. Aproveitando a súa experiencia e retorno ao cole, pedímoslle que revisase a nosa documentación e procedementos para facer o filtrado perante a auditoría externa que terá lugar en marzo.



1/9/20

Comeza o curso da Covid-19.


Hoxe fixemos a acollida ao novo profesorado, logo dos tests. Se o resultado destes foi negativo as impresións sobre aquel non poden ser máis positivas. Agárdanos un curso... diferente. Non hai máis que ver as caras que non se ven.





8/7/20

O curso 19-20 en gráficas

Clic aquí para ver as gráficas das enquisas deste curso.


23/1/20

Auditoría interna 2020

Xa temos data para a auditoría interna deste curso 19-20. Será o vindeiro martes, 28 de xaneiro de 2020. Como é habitual exercerán o papel de auditores compañeiros da Consellería e do CRA de Ponteceso. Tamén contaremos coa presenza da nosa nova inspectora. O plan de traballo para ese día xa está en marcha e a tarta de mazá, encargada.


3/9/19

Comeza o curso 2019-2020

Comezamos un novo curso cos habituais síntomas de preguiza inicial e o típico: «parece que foi onte cando nos despediamos desexándonos un bo verán e xa estamos de volta...». Veña, ánimo, que xa está aí o Nadal!!!


Aí van as fotos da acollida e do primeiro claustro. Aquí trabállase moito!!!